venres, 10 de marzo de 2023

Semana da Prensa

Ao longo da semana nos diferentes cursos estivemos traballando sobre a prensa: os xornais, a prensa audiovisual e as novas a través da radio.

Os peques de 3 e 4 anos traballaron en torno a nova de "Kathrine Switzer, a primeira muller que correu un maratón con dorsal". Fixeron un faladoiro no que, coa axuda das súas profes averiguaron: que sucedeu, quen foi Kathrine Switzer, cándo e onde sucedeu e porqué é importante este feito, moi relacionado coa nosa particular Maratón do 8M.


Os peques de 5 anos, pola súa parte e dentro do seu proxecto dos "Pingüíns con xersei", estiveron analizando as partes das novas dos xornais (neste caso eran xornais dixitais): o titular, o subtítulo (ou explicación), a fotografía, o pe de foto e o corpo da nova. E o fixeron estupendamente. Mirade!



Os rebuldeiros estiveron compoñendo un taboleiro con follas de periódico no que colocarán as súas propias novas: o maratón de Kathrine Switzer da escola, a adopción dun pingüín da Pingüineira Punta Descuberta, e máis... Pero os tempos de secado retardou un pouco a exposición de tan grande traballo. De seguro que a vindeira semana xa teremos por aquí a foto. De momento, deixámosvos éstas do proceso.


Pola súa banda, os tritóns de 3º, fixeron de xornalistas por un día, creando as súas propias novas a partir de diversos acontecementos que tiveron lugar no cole: a maratón de Kathrine Switzer ou o musical “Historia dunha reconversión”.


Os tritóns de 4º de Primaria, ademais de traballar a estructura das novas dos xornais e crear novas a partir das fotografías dos xornais entrevistaron na nosa radio escolar "Son de Pazos" a dúas mulleres investigadoras do CITENI, Almudena Filgueira e Laura Castro, que estiveron con nós no cole para falarnos sobre o seu traballo coas plataformas eólicas offshore.



Aquí un exemplo das novas inventadas polos tritóns de 4º de Primaria:

E finalmente, os maiores de Q.S.U. elaboraron as súas propias novas, seguindo as estruturas traballadas.




Cántos xornalistas sairán de Pazos? Como vedes, hai canteira.

Ningún comentario: