luns, 6 de marzo de 2023

Voluntariado de Lectura: Mario conta "De maior quero ser..."


E comezamos unha segunda semana no que o grupo de 5º e 6º de Primaria estanlles a contar contos aos máis pequenos do cole, como membros do Equipo de Biblioteca e como parte do voluntariado de lectura "Ler con... D".

Hoxe Mario leulles "De maior quero ser...", escrito por Ana Belén González Novoa e publicado pola editorial Nova Galicia, no que nos fala dun neno - Miguel - que como tantos outros nenos, pregúntase polo seu futuro e ten no seu pai un modelo a imitar, pero isto de ser adulto ten os seus pros e as súas contras... 

Esta historia fálalles aos máis miúdos de responsabilidades e ensínalles a valorar o traballo doutras persoas e, sobre todo, a aceptarse a si mesmos. Unha historia cargada de ensinazas para a vida.

E así foi que os pequenos non perdían detalle. Estaba claro que Mario estaba a falar de algo moi serio, peeeeroooo... ás veces poñerse na pel do protagonista fai que aparezan as gargalladas.





Grazas por esta contada, Mario! 



Ningún comentario: