Como cada ano e coa chegada da celebración do Día das Letras Galegas, mergullámonos a investigar a figura da persoa homenaxeada neste ano: Francisco Fernández del Riego.
Para investigar sobre a súa vida, empregamos o libro "Un día para as letras" elaborado polo colectivo Polo Correo do Vento.
Ademais, Don Paco foi durante anos o presidente da Real Academia Galega.
Esperamos que con estes podcasts realizados polas nenas e nenos do noso centro descubrades moitas cousas interesantes deste prolífico escritor. Aquí tedes os enlaces do programa especial e dos fragamentos realizados por cada un dos niveis:
Programa íntegro.
3 e 4 anos.
Rebuldeir@s.
5 anos.
Tritóns de 3º.
Tritóns de 4º.
Q.S.U.
Para rematar, cada aula ilustrou cada un dos momentos máis destacados da biografía de tan ilustre persoeiro para elaborar o noso tradicional libro adicado á persoa elexida no Día das Letras Galegas 2023 e que quedará na nosa Biblioteca Xoán Farias para poder botarlle unha ollada, e que por primeira vez incluirá códigos QR para poder escoitar as gravacións feitas polo alumnado para celebrar esta data.
Ningún comentario:
Publicar un comentario