venres, 2 de xuño de 2023

"Historia dunha reconversión" no Teatro Jofre

E foi! E para nós non puido ser máis emocionante! Sentímonos orgullosas e agradecidas de poder levar o nosa obra de teatro musicalizada "Historia dunha reconversión" ao Teatro Jofre de Ferrol dentro do ciclo de "Teatro con G" organizado pola Equipa de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

Agradecidas tamén aos nenos e nenas polo seu esforzo e talento. E ás familias, nas que delegamos todo o tema de vestiario e que encheu as plateas do Jofre para gozar deste espectáculo feito con moitísima  ilusión. E xa se sabe que da ilusión só poden sair cousas bonitas.

Deixámosvos unhas fotos, diferentes ás que estades acostumados, pois xa sabedes que durante a representación non está permitido facer vídeos nin fotografías. Hai algunhas que sacamos durante o ensaio previo. Outras chegáronnos a través das familias que asistiron como público. Pero o importante son os recordos, que eses quedan gravados no corazón para sempre. 








Preme nesta última imaxe para acceder ao álbum.


Ningún comentario: