venres, 16 de xuño de 2023

Última sesión de ioga, coas nosas familias

Hoxe tivemos a última sesión de ioga con Lali, e para despedir este curso tan especial decidimos compartir esta xornada coas nosas familias, polo que abrimos as portas a irmás e irmáns, nais e pais, avoas e avós... a facer ioga con nós.

Ommm, ... Saudamos ao sol, tomamos consciencia da nosa respiración e tamén, transportámonos a África a través do ritmo da música e o baile. Que ben o pasamos! Hai que decir que as familias gozaron tanto como nós, e iso véselles nas caras, e se non o credes, mirade as fotos!

Empezaron os peques de Pazos.

Premendo nesta imaxe accedes ao álbum completo.








Despois foi a quenda d@se Rebuldeir@s e os Tritóns de 3º.









E rematamos a mañá cos Tritóns de 4º e os de Q.S.U.








Grazas por vir a compartir este día con nós. 
E grazas tamén a Lali por todo este tempo xuntos. 
Despedímonos ata o curso que vén!

Ningún comentario: