Hoxe Manu, dentro do programa de Ler con...D, contoulles aos peques de infantil o conto de Carabuñas, escrito por Margarita del Mazo Fernández, ilustrado por Charlotte Pardi e publicado pola editorial OQO.
Preme nesta imaxe para acceder ao álbum con todas as fotos.
Esta simpatiquísima historia tan ben contada por Manu, captou a atención dos peques desde o primeiro segundo, tal vez porque moitos xa coñecíamos o conto e agardábamos con ansia ese "momentazo sonoro" e as réplicas de Branca a este monstro descoidado...
Grazas Manu pola contada!
E como sei que vos encanta a historia de Carabuñas, déixovos por aquí unha deliciosa versión grabada no CEIP de Coirón fai xa uns aniños pero que non pasa de moda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario