martes, 20 de febreiro de 2024

Visita a Sotavento

Visitamos o Parque Eólico Experimemtal de Sotavento, unha actividade que tiñamos en espera dende había algúns cursos e que estabamos desexando facer. 

Preme nesta foto para acceder ao álbum completo desta saída.

Aló nos fomos toda primaria. Reuniron  a todo o grupo, dende 1° a 6° para ubicarnos e tomar conciencia de onde estabamos, e despois explicaron a diferenza entre as enerxías renovables e non renovables e tamén a diferenza de produción de enerxía de cada unha delas. Foi unha charla  amena e creo que a todas e todos nos resultou moi interesante.





A continuación dividíronos por grupos e fixemos a mesma visita pero en diferente orde para non coincidir, cunha pausa no medio, claro, que a merenda é imprescindible.

Dentro das súas  actividades de Divulgación e Educación Enerxética amosan o funcionamento dun aeroxenerador, a turbina, as pas... ao tempo que explican que toda a enerxía contamina, así que, como sabemos, reducir o consumo da mesma é fundamental, e "para mostra, un botón".











Tamén visitamos a Vivenda Bioclimática, un claro exemplo de aforro enerxético na que se utilizan da mellor maneira os recursos da natureza e na que tamén xoga un papel fundamental a súa  correcta orientación. Cantas e cantos quedarían con gusto a vivir nela!!!

Un espazo para visitar, sen dúbida!



Ningún comentario: