venres, 31 de maio de 2024

Encontro das Compañia LOVA de Galicia

Preme nesta imaxe para acceder a todas as fotos.

Esta mañá participamos no Encontro de Compañías LÓVA de GaliciaCompartimos esta experiencia con vinte compañías máis! Arredor de  400 alumnos, con 21 postos para presentar os seus proxectos e obradoiros relacionados coas profesións de LÓVA: dramatización, vestiario, perruquería, escenografía, iluminación, son, Polos Creativos, imaxe... ademais de retos e dinámicas LÓVA.

A Compañía LoVeznos esta ultimando os seus preparativos para a estrea da obra, pero xa vos informaremos máis adiante. De momento trouxemos para a casa a idea reforzada de que o Proxecto LÓVA e unha grande oportunidade de aprendizaxe socio-emocional, multidisciplinar, unha experiencia motivadora que favorece a reflexión, a comunicación, a escoita activa, a participación, o respecto, a creatividade, a resolución de problemas, a autoxestión...


Gran día! Compañía LoVeznos, auuuuuuuuuu!!

Ningún comentario: