venres, 3 de maio de 2024

Ferrol, de frores cuberto

Grande Festa dos Maios en Ferrol na "VI Ferrol, de Frores Cuberto".
Preme nesta fotografía para acceder ao álbum completo.

A choiva non puido cos centos de pequenas e pequenos e a súa ilusión por recuperar esta festa tradicional que nos é tan propia. Felicitamos a todas as nenas e nenos que subiron a ese escenario e foron quen de cantar con forza e orgullo diante de tanto público, en especial ao noso grupo e á súa profe Kelly. 
Aquí vos deixamos un vídeo da súa actuación para que poidades disfrutar véndoos tanto coma nós.


Grazas á Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra pola organización, pola parva, por ofrecer un ano máis a música de Pakolas, por manter viva esta celebración...

Mil Primaveras máis para a nosa Lingua!

Ningún comentario: