xoves, 16 de maio de 2024

Mil primaveras máis: Luísa Villalta, Letras Galegas 2024

Este ano, como todos saberedes, adicámoslle o Día das Letras Galegas a Luísa Villalta, mestra, poeta, escritora, violinista e comprometida activista. Sen dúbida, unha muller polifacética como moi ben reflicte Xulia Pisón neste cartaz feito para a Deputación da Coruña.


Deixámosvos unha chea de recursos, para traballar tanto na casa como na escola sobre a homenaxeada na web da Primavera das Letras


Tamén podedes escoitar aquí o podcast que fixo o alumnado de 3º e 4º de Primaria sobre a súa biografía que está fenomenal e que escoitamos todos xuntos na biblio na "Hora de ler" deste xoves.


Parabéns rapazada!
Preme nesta imaxe, se queres ver máis fotos desta sesión na biblio.

Contarvos tamén que de súpeto apareceu polo cole unha tal Rosalía que andaba algo perdida buscando a Eduardo Pondal e á mesma Luísa Villalta, que preguntaba pola Biblioteca Municipal. 
O grupo de 3º e 4º levouna á nosa biblioteca, e estiveron falando con ela sobre poesía.
Xa sabes, preme nesta imaxe para ver máis fotos.

E para rematar os peques do cole, que estes días estiveron traballando cos circuítos eléctricos nos seus proxectos, crearon este "circuít paper" co gallo do Día das Letras Galegas na honra de Luísa Villalta. Menuda chulería!

Xa vedes, unha chea de actividades para celebrar as nosas letras. 

Que veñan mil primaveras máis para a nosa lingua! 

Ningún comentario: