xoves, 20 de xuño de 2024

Compañía LoVeznos a escena!

As tres alumnas e trece alumnos de "Quinto e Sexto Unidos", QSU, para os amigos, puxeron en marcha o proxecto LÓVA ( A ópera como vehículo de aprendizaxe), promovido polo Teatro Real e o CFR de Ferrol

Convertéronse na Compañía LoVeznos e hoxe, despois dun longo periplo durante todo o curso, estrearon a súa obra, "Sede de vinganza", na que contan a historia de dous irmáns que teñen contacto coa morte e entenden a importancia de aproveitar o tempo cos seres queridos e gozar dos bos momentos xuntos.

Valorámola como unha experiencia moi positiva, e, despois de ver hoxe os resultados, máis.

LÓVA é un proxecto moi completo e, noso caso, serviunos para reforzar a lingua galega, e para traballar a plástica e parte das matemáticas doutra forma, tamén a música e as ciencias sociais, axudou a coñecernos mellor, a crear vínculos, a enfrontarnos aos problemas, a resolvelos, a encaixar os fracasos, a escoitar aos demais e aceptar outras ideas... Dende LÓVA traballamos intensamente as relacións e as emocións...LÓVA axuda a asumir responsabilidades e a traballar a autonomía. 👌🏼

Felicidades a toda a Compañía LoVeznos, hoxe destesnos moito.

Ningún comentario: