luns, 3 de xuño de 2024

Peche do Lectura e familias con moitos contos

Toca pechar o Lectura e familias deste curso, e non o podíamos facer doutro xeito que con contos, mooooitos contos!

Hoxe pola tarde achegouse ata a nosa biblioteca - si, si... o bosque de troncos tamén forma parte da nosa biblioteca - Manuela Varela, quen nos trouxo unha man chea de contos de gatos! 

Divertidas historias onde os gatos andan ás liortas por envexa, outro ten medo ao 1° día de escola, e por último o michiño que pide moitos desexos a un xenio. 

Grazas a todos eles aprenimos a ser mellores... gatos? 


Preme nesta foto para acceder ao álbum.

Éxito total! Grazas familias e ata o curso que vén!

1 comentario:

Manuela Contacontos dixo...

Olaaaaaa!
Son Manuela Contacontos, e estou mou feliz de ter participado no Programa de Lectura e Familia da vosa biblioteca. Fíxome especial ilusión coñecer á meiga Chispa e a Roi o Caracol, que están todo o ano con vos animando á lectura, que lista é a Meiga Chispa.
Grazas a todas as familia que viñestes e a rapazada que participou tanto.
Bicos a esgalla e un forte MIAU ;)