xoves, 6 de xuño de 2024

Prácticas sanitarias grazas a Irati, a nai de Eume e Itsaso.

Nas aulas de PequesPazoS e Rebuldeir@s tivemos a visita de Irati, a nai de Eume e Itsaso. Compartiu cos peques algúns segredos da súa profesión, explicándolles algún momentos do seu día a día. 


Foi unha mañá dinámica e moi aproveitada na que aprenderon a facer vendaxes, a escoitar co fonendoscopio, a coller o "sangue" cunha xeringa e botala nos tubos que se utilizan para as analíticas...

Mmmmmm, isto haberá que repetilo!!!! Irati, podes volver cando queiras que penso que xa estás "fichada" para esta e moitas outras actividades. 

Moitas, moitas grazas polo teu tempo, 

por compartir e seguir sumando!

Preme nesta imaxe para acceder ás outras fotos.

Ningún comentario: