luns, 18 de novembro de 2024

O CAMIÑO INGLÉS

Estas semanas pasadas participamos no V FESTIVAL ESCOLAR DO CAMIÑO INGLÉS celebrado na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol. (Festival está financiado pola Axencia de Turismo da Xunta de Galicia).

O alumnado de 1º a 3º, o 5 de novembro e o alumnado de 4º a 6º, o 13 de novembro.

O Festival adoita estar dedicado a unha das localidades polas que trascorre o Camiño Inglés dende Ferrol  Este curso, a cidade protagonista do espectáculo foi Narón! 

Pincha AQUÍ para ver máis fotos

 

 No Teatro, o alumnado participou, interactuou e gozou dun espectáculo multiartístico baseado no Camiño, mais tamén nos principais recursos de NARÓN: patrimonio, costumes, lendas, festas de interese, etc.
 
Por último, tras gozar do espectáculo, puidemos percorrer un tramo do Camiño Inglés  desde o Torrente Ballester ata a Ermida das Angustias. Fomos acompañados por un grupo de pelegrinos e fixemos unha parada no percorrido onde nos desvelaron, entre outras cousas cal é o saúdo entre os peregrinos do Camiño de Santiag para desexarse boa viaxe: ULTREIA!!
 

 


Ningún comentario: