O PASADO TRIMESTRE, CONMEMORAMOS O 25 DE NOVEMBRO CUNHA ACTIVIDADE NA QUE PARTICIPOU TODO O CENTRO: "CONTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO".
DESTA FORMA, DURANTE AS SEMANAS PREVIAS TRABALLAMOS DIFERENTES CONTOS QUE DUNHA FORMA OU OUTRA, TRATAN ESTA TEMÁTICA, REFLEXIONANDO SOBRE AS ENSINANZAS QUE NOS TRANSMITÍAN.
O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL TRABALLOU O CONTO "NIN UN BIQUIÑOÁ FORZA" , O ALUMNADO DE 1º E 2º "ARTUR E CLEMENTINA", O ALUMNADO DE 3º E 4º "A HISTORIA DOS BONOBOS CON GAFAS" E O ALUMNADO DE 5º E 6º: "XELA VOLVEUSE VAMPIRA".
CADA GRUPO ELABOROU UNHA PEZA DE PUZZLE NA QUE RECOLLEU A LECTURA REALIZADA E AS REFLEXIÓNS E ENSINANZAS QUE OBTIVERON DA MESMA. O DÍA 25 DE NOVEMBRO, REUNÍMONOS PARA XUNTAR AS PEZAS DO NOSO PUZZLE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario