Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta sacapenas. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta sacapenas. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

xoves, 26 de marzo de 2009

SACAPENAS para GAZA e UNHA VISITA...


¿Verdade que é fermoso ver escrito BIBLIOTECA en árabe?

Coa música de fondo de Tontxu "Los muñecos Quitapenas", hoxe recibimos a visita de Nagi e Aya, os responsables de traducir a carta que acompañará aos bonecos SACAPENAS a Gaza.

* Esta é a versión en árabe:

اعزاءي اطفال وبنات غزة

نحن اطفال ثانوية الباسوس في مدينة **فيرول** باقليم *قاليسيا* بمملكة اسبانيا نرسل لكم هذه الدمي التي صنعناهابايدينامع كل حبنا واملنا ان تساعدكم وان تزيح عنكم كل الهم في لحظة وانتم نيام وهية تسمي ازالة الالم

حكاية هذه الدمي في الاصل اتت من اقواتيمالا حيث كان الاطفال في هذه الدولة معتادون ان يحكو جميع ما يضايقهم لهذه الدمي قبل ان ينامو ويضعونها تحت وسائديهم وفي الصباح عندما يستيقظو يجدو كل مشاكلهم قد حلت**هذه العادة بدات بالانتشار بين كثير من اطفال العالم

املنا كلنا هو ان تتناقص الحروب في هذا العالم الي الحد الذي نستيقظ يوما ولا تكن هناك حرب **نحبكم وكلنا امل ان تتحقق جميع احلامكم *** اطفال وبنات ومعليمي ثانوية الباسوس

Premede aquí se a queredes escoitar. É unha recomendación de Chispa porque a ela gústalle moito como soa na doce voz de Aya.
* E esta é a versión en galego, que Nerea se encargou de idear, e non está gravada porque todos sabemos lela moi requetebén:

Queridos nenos e nenas de Gaza:
Somos do Colexio de Pazos de Ferrol, en Galicia (España). Mandámosvos estes bonecos sacapenas feitos por nos mesmos, con todo o noso cariño, para que as vosas preocupacións se borren nun intre, mentras durmides.

Os bonecos Sacapenas teñen a súa orixe en Guatemala. Desde hai moitos anos, os nenos guatemaltecos fabrican estes bonecos con pauciños de madeira e restos de tea e fíos. Pola noite, á hora de se deitar, cóntanlle unha preocupación a cada un deles e colócanos baixo a almohada. Deste xeito os nenos espértanse á mañán seguinte sen preocupacións. Esta costume estase a extender por distintas partes do mundo.

O noso deseo é que as guerras diminúan ata o punto de que un día xa non existan. Enviámosvos unha aperta coa esperanza de que este desexo pronto se faga realidade.

Os nenos e nenas, e o profesorado do Colexio de Pazos.

Despois desta visita soubemos un pouco máis do mundo árabe; desde Mauritania, o seu país de orixe, ata Gaza, que é o fío condutor de toda esta interesante actividade.
Achegámonos ao mapa, soubemos da súa escritura, de como len, e ensináronnos un libro de contos e contestaron ás interminables preguntas cunha paciencia...
Nagi fixo unha lectura compartida do conto de Kalandraka "Sacapenas". Compartida porque puidemos escoitala alternativamente nas dúas linguas; nós liamos en galego e el, en árabe. Como son linguas tan distintas e teñen unha sonoridade tan diferente, causábanos unha marabillosa sensación; foi un regalo para os nosos oídos.

Por último, Chispa sabía que debía agasallar aos nosos invitados cun recordo da nosa Biblioteca, e que mellor que "Sacapenas" para cando naza a súa filla Sofía? Para que cando xa entenda un pouquiño poidan contarlle esta historia tan bonita. Como nos adiantaron que non falta moito, desexámoslles que sexan moi felices con esa nova chegada e esperamos velos moi axiña. Ah!! E non esquecemos que nas dedicatorias que nos deixaron escritas, Aya expresou o seu desexo de que Sofía sexa unha futura alumna do noso colexio. Tomamos nota!

Bicos e moitas, moitas grazas aos dous!
E agora deixámosvos coas fotos:


martes, 14 de abril de 2009

Así foi o traballo: BONECOS SACAPENAS PARA GAZA

Cando semanas atrás contabamos que nos sumabamos á iniciativa do CEIP A Rúa de enviar bonecos Sacapenas a Gaza, faltounos por ensinarvos as fotos dos obradoiros. Sobre estas liñas e tamén debaixo delas, tedes aos máis pequenos, aos nenos e nenas de Infantil. Mirade que bonecos tan preciosos fixeron. A que teñen boa maña?

E os nenos e nenas de Primaria tamén traballaron arreo. Uns serraron as figuriñas de madeira para despois vestilas; coseron, pegaron, debuxaron; anoaron cordóns, las de cores...

Desde o CEIP de Pazos, desexamos que os nosos bonecos SACAPENAS cheguen a eses nenos e nenas de Gaza moi axiña, e que lles poidan transmitir todo o agarimo que levan gardado nos seus CORAZÓNS de TRAPO.

sábado, 21 de marzo de 2009

SACAPENAS, POEMA VISUAL. Feliz Día Mundial da Poesía

Hoxe cúmprense dous anos desde que escribimos por vez primeira estas palabras:

Benvidos e benvidas ao noso blog que nace coa primavera e quere chegar moi axiña a todos os fogares do noso cole.

¿Recordades? O 21 de marzo de 2007. Así que temos moito que celebrar e que agradecer a este espazo que nos comunica con vós, que nos ledes e nos seguides. Celebramos poder seguir contando novas da nosa Biblioteca e do noso Cole, e estamos ilusionados, tanto coma no principio, ou máis, en levar a cabo os nosos proxectos.

Estes son os alumnos e as alumnas de 5º e 6º de Primaria cos primeiros pasos na elaboración dos Sacapenas; esa marabillosa idea. E este é o seu poema visual.

Un poema visual?

E, que mellor motivo que o que nos ocupa estes días para celebrar o Día Mundial da Poesía?

FELIZ DÍA A TODOS E TODAS!

luns, 16 de marzo de 2009

Sumámonos á iniciativa: "SACAPENAS PARA GAZA"

Sumámonos a esta marabillosa iniciativa do CEIP a Rúa, de Cangas do Morrazo, que pouco e pouco van secundando outras bibliotecas e coles. Xa levamos días traballando esta idea, vendo que modelos podemos facer, que carta lles escribir, quen se encargará de traducila... Xa estamos resolvendo moitas dúbidas e dentro de pouco esperamos poder publicar as imaxes para que vexades os resultados.



Para comezar limos o conto "Sacapenas", de Anthony Browne, da Editorial Kalandraka e vimos un audiovisual que preparamos para os máis pequenos.

Ademais... PRIMICIA! Entre "O Segrel do Penedo" e nós, conseguimos contactar con Tontxu para pedirlle permiso e poder utilizar a súa canción e, por suposto que dixo que SI! Podemos contar coa súa música!

Deixámosvos a súa letra: "LOS MUÑECOS QUITAPENAS" - Tontxu

Los muñecos quitapenas
quitan las penas que tengo,
se las cuento muy bajito
y me las curan en silencio.

Y debajo de mi almohada,
duermen siempre mis muñecos
y si tengo alguna pena
yo sin ella me despierto.
Y yo que nunca creí en amuletos ni hechiceros,
explícame que hago yo contando penas a muñecos,
será más bien, que creo en ti.


La cajita del club de la
buena estrella me acompaña,
un erizo un caballito,
caracolas encantadas.

Le dan vida a mi cajita,
lo que en playas infinitas
de la arena recogiste,
lo guardaste y me lo diste.

Y yo que nunca creí en amuletos ni hechiceros,
explícame que hago yo confiando en aquellos objetos,
será más bien, que creo en ti, mi amor.

Mi amuleto eres tú,
mis conjuros te reclaman,
y entre misteriosas sombras apareces,
con tu pócima encantada
y beberé, para convertirme en duende,
y evitar que el frío hechizo de la vida
me condene a ser un hombre.

Eh, eheehe, eheeeee... dindaralaralaaha

La cestita de la buena suerte
tengo en mi mesilla,
me la trajo en uno de sus viajes
(quién) la bruja María.

Me asegura su buena suerte,
y salud hasta la muerte,
y volando con su escoba
se despide para siempre (adiós).

Y yo que nunca creí en amuletos ni hechiceros,
explícame que hago yo creyendo en todo lo que creo,
será más bien, que creo en tí mi amor.

Mi amuleto eres tú, mis conjuros te reclaman,
y entre misteriosas sombras apareces,
con tu pócima encantada
y beberé, para convertirme en duende,
y evitar que el frío hechizo de la vida
me condene a ser un hombre.

Eh, eheehe, eheeeee... dindaralaralaaha

xoves, 12 de marzo de 2020

Contacontos no recreo: María conta "Sacapenas"

E desta volta foi María quen nos quixo contar "Sacapenas", un fermosísimo conto da Editorial Kalandraka co que hai moitos anos xa traballáramos no cole.  Queredes saber todo o que fixéramos ao redor desta historia? 
Pois preme aquí para descubrilo.

Ningún dos que estades agora no cole lembrades nada de todo iso,  pois xa pasaron moitos anos, tantos que moitos de vós nin sequera nacérades! Ai, que rápido pasa o tempo!

Como sempre que algún membro do equipo colaborador da Biblioteca conta un conto no recreo, xurden axudantes. E como non podía ser doutra forma, Icía, Jatniel e Polola estiveron dramatizando a historia ao tempo que María ía lendo.

Deixámosvos por aquí un vídeo no que podedes recordar esta fermosa historia que sempre nos toca o corazón.