venres, 8 de novembro de 2024
SAMAÍN E LECTURA E FAMILIAS
Publicado por Chispa
martes, 29 de outubro de 2024
Día da Biblioteca Escolar
Publicado por Chispa
0 comentarios Etiquetas: biblioteca escolar biblio familias
xoves, 24 de outubro de 2024
SEGUIMOS TRABALLANDO NA AULA DE AL Y PT
AULA DE AL Y PT
Boas déixovos algunhas das actividades realizadas na aula de PT e AL esta semana pasada.
Publicado por Chispa
0 comentarios Etiquetas: AulaAL AulaPT PT AL Apoio Estimulación Linguaxe Necesidades educativas Conciencia Fonolóxica
INAUGURACIÓN DA BIBLIO
E CHEGOU CHISPA
O pasado 4 de outubro, o alumnado do noso centro estaba comezando a súa xornada cando un coñecido Chis Chis Plof Plof resoou polos corredores. Pouco tardaron estes nenos e nenas en saír correndo das aulas en busca dalgunha pista da nosa amiga meiga, que tan só nos deixou o rastro dunha bota olivdada nunha escaleira.
Pouco a pouco o alumnado foi entrando na biblioteca, onde agardaban as maletas de Chispa, cargadiñas de sorpresas para inaugurar o curso na Biblioteca Escolar Xoán Farias. Xunto a elas, unha carta da nosa querida amiga.
Publicado por Chispa
0 comentarios Etiquetas: Cartas de Chispa, Chispa, Inauguración da Biblioteca, Maleta de Chispa, Misións ODS, Normas da Biblioteca, PDI, Proxectos, Roi
mércores, 9 de outubro de 2024
BENVIDA AULA DE AL Y PT
Orientación espacio- temporal nas sesións ( coñecemento dos días da semana, clima,ano, estacións, datas etc.)
O manexo dos cartos é unha das actividades básicas da vida diaria, por iso é de gran necesidade para poder desenvolverse en sociedade. Primeiro traballamos a través da comprensión de oracións sinxelas e manexo dos cartos e posteriormente na vindeira semana ,iremos ao mercado da Chispa a facer a compra.
Investigamos e creamos a través dun tema “A relación e os sentidos” . Para iso facemos unha actividade manipulativa na que terán que ir recollendo obxetos que se poden percibir por cada sentido e ir meténdoo dentro dunha bolsiña colocada dentro do mural.
Xogamos a baralla das familias léxicas onde as palabras están relacionadas en significado e raíz. ( adquirir vocabulario)
Publicado por Chispa
0 comentarios Etiquetas: AulaAL AulaPT PT AL Apoio Estimulación Linguaxe Necesidades educativas Conciencia Fonolóxica
xoves, 20 de xuño de 2024
Pechando o curso con xogos populares e máis.
Dende a ANPA envíannos este vídeo. Hoxe foi un deses días intensos nos que de novo a comunidade escolar se xuntou para pasar unha mañá chea de emocións, primeiro unha impresionante exposición do proceso creativo da obra da Compañía LoVeznos, despois, a estrea da obra de teatro na A.VV. de Pazos, logo os Xogos Populares agasallados pola ANPA e ademais, tooodo o que alí había de larpeiradas para comer.
Dende o centro dámosvos as grazas ás nais e aos pais que estades aí sempre, apoiando e traballando para facer do noso colexio un mellor lugar. Grazas polo recoñecemento, polos ánimos e polas palabras de agarimo que recibimos onte as/os profes. Sabede que é recíproco e que valoramos e apreciamos as vosas mostras de cariño.
Publicado por Chispa
0 comentarios Etiquetas: ANPA molona, Colaboración escola-familia, LÓVA, Xogos populares
Compañía LoVeznos a escena!
As tres alumnas e trece alumnos de "Quinto e Sexto Unidos", QSU, para os amigos, puxeron en marcha o proxecto LÓVA ( A ópera como vehículo de aprendizaxe), promovido polo Teatro Real e o CFR de Ferrol.
Convertéronse na Compañía LoVeznos e hoxe, despois dun longo periplo durante todo o curso, estrearon a súa obra, "Sede de vinganza", na que contan a historia de dous irmáns que teñen contacto coa morte e entenden a importancia de aproveitar o tempo cos seres queridos e gozar dos bos momentos xuntos.
Valorámola como unha experiencia moi positiva, e, despois de ver hoxe os resultados, máis.LÓVA é un proxecto moi completo e, noso caso, serviunos para reforzar a lingua galega, e para traballar a plástica e parte das matemáticas doutra forma, tamén a música e as ciencias sociais, axudou a coñecernos mellor, a crear vínculos, a enfrontarnos aos problemas, a resolvelos, a encaixar os fracasos, a escoitar aos demais e aceptar outras ideas... Dende LÓVA traballamos intensamente as relacións e as emocións...LÓVA axuda a asumir responsabilidades e a traballar a autonomía. 👌🏼
Felicidades a toda a Compañía LoVeznos, hoxe destesnos moito.
Publicado por Chispa
0 comentarios Etiquetas: CFR, LÓVA, LoVeznos, Proxecto LÓVA
mércores, 19 de xuño de 2024
III edición dos Desafíos Musicais
Esta mañá encantounos ver e escoitar os Retos musicais que tooodo o cole preparou ao longo destas últimas semanas. Grazas, profe Kelly, foi moi boa idea amosalo en gran grupo, estivo xenial. E grazas, claro, a todas esas e eses artistas. Molou un montón!
Publicado por Chispa
0 comentarios Etiquetas: Desafíos Musicais, Retos
Agasallos para os desafíos musicais!
Pero viches os agasallos tan molóns que levaron os partipantes da III edición dos Desafíos Musicais?
Uns marcapáxinas con forma de pentagrama para gozar da lectura este verán feitos nas nosas impresoras 3D 💫 Menuda chulería!
Publicado por Chispa
0 comentarios Etiquetas: B.Creativa 23-24, Bibliotecas Creativas, Desafíos Musicais, Impresión 3D, Polos creativos
Unha chea de recomendacións lectoras para o verán!
Publicado por Chispa
0 comentarios Etiquetas: Libros, Recomendacións, Recomendacións lectoras
martes, 18 de xuño de 2024
Feira da auga
E por fin chegou a Feira da Auga!
Esta mañá celebramos xuntos a gran Feira da Auga, expoñendo os traballos colectivos que se fixeron neste terceiro trimestre relacionados co ODS 6, Auga limpa e Saneamento como produto social relevante do noso PDI "esPazODS_para_a_concienciación".
Felicidades a todos os grupos polo inmenso traballo, por ser quen de expoñelo ante os demais e por saber respectar tamén o esforzo das súas compañeiras e compañeiros do cole.
E pola tarde, presentamos os nosos traballos ás familias.
Un aplauso moi grande polo traballo ben feito, por ser quen de buscar información e organizala, de probar e comprobar os experimentos, de realizar as maquetas e un aplauso tamén para os que tiveron oportunidade de expoñer esta tarde e amosar os resultados das pequenas investigacións.
Publicado por Chispa
0 comentarios Etiquetas: esPazODS para a concienciACCIÓN, Feira da Auga, Misións ODS, ODS, ODS6