luns, 13 de decembro de 2010

A BIBLIOTECA DIXITAL

Esta imaxe lévanos ao noso catálogo da Biblioteca. Podes acceder a el premendo na imaxe, que ademais leva moito tempo instalada na barra lateral deste blog.

Pero ademais, xa hai un tempo, dende a BP Ánxel Casal, de Santiago, chegounos de forma clara unha axuda para acceder a certos recursos electrónicos de pago, dos que podemos gozar por sermos usuarios e usuarias do Programa Meiga (Xestión da Rede de Bibliotecas de Galicia): A BIBLIOTECA DIXITAL. Dicionarios, vídeos, enciclopedias, bases de datos...
Se tes algunha dúbida non teñas problema en poñerte en contacto con algún membro do Equipo da Biblioteca e resolverémoscha. Mentres tanto podes ver este vídeo; seguro que che axudará.

Xa estabamos tardando en publicalo. Grazas Biblioteca Municipal Ánxel Casal

Ningún comentario: