martes, 14 de decembro de 2010

CONTACONTOS NO RECREO



Hoxe a profe Cris contounos "La Navidad". Foi o primeiro dos contacontos programados para os recreos. Creamos un ambiente moi acolledor, e a petición deles mesmos, apagamos as luces e xuntámonos todos arredor dela para disfrutar dun tempo máxico e fermoso.
Grazas, profe Cris por facernos pasar ese bo momento.



Despois fixemos unha parada para ver o tren que circula incansablemente por entre o deserto e os oasis, moi perto do Portal de Belén.
Agora xa temos a entrada ao cole completa. Faltaban as postais coas ilustracións e os textos cargados de bos desexos para o vindeiro 2011, que xa está ás portas.

1 comentario:

profe Rosa dixo...

Preciosísimo Cris! Parabéns. E parabéns tamén para Chispa pola montaxe. Bicos ás dúas!!!