xoves, 2 de xuño de 2011

SALVANDO LIBROS no Diario de Ferrol - CEIP de Pazos

¿Recordades esta imaxe? Hai uns día falabamos do bonito proxecto no que moitas bibliotecas nos embarcamos. Hoxe lemos isto:


El espíritu de "Fahrenheit 451" reaparece con los "niños-libro" del CEIP de Pazos.
Así aparece no Diario de Ferrol como cabeceira da noticia. Premede e poderedes lela completa e ver a foto que publican.
Desde aquí queremos correxir dous datos equivocados na prensa : (
O libro que salva o ciclo de infantil titúlase: "Sopra neste furadiño" e o seu autor e o noso amigo e compañeiro Antón Cortizas Amado.
Vai para el un bico polo vento.

2 comentarios:

Ana Martínez dixo...

Noraboa. Da gusto ver que o traballo ben feito é recoñecido. Non podo entrar no enlace do xornal para ler a noticia enteira, así que o buscarei en Internet.
Moitos bicos a todos.

profe Rosa dixo...

Enlace amañado!!! ;P