Reencontro, presente e pasado xuntos! |
Onte Alberto Botana, membro do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), visitounos na aula de 5º e 6º para falar da navegación segura pola rede, unha charla dentro do Plan Navega con Rumbo, impulsado polo CPEIG e a Xunta de Galicia.
Antes de nada falounos do que é INTERNET. É perigoso Internet? Os dispositivos móbiles, moito máis que teléfonos. Calquera dispositivo co que nos poidamos conectar a Internet é, en realidade, un ordenador. Con esta introdución comezou unha charla dividida en tres grandes partes: NAVEGUEMOS CON SEGURIDADE, NAVEGUEMOS CON CONFIDENCIALIDADE E OS PERIGOS DA REDE.
Fixo moito fincapé, entre outras moitas cousas, en previr, e como medida preventiva, por suposto, os antivirus. Recordounos o importante que é gardar os nosos alias e contrasinais, e non revelar datos persoais, así como usar distintas contas de ususario e visitar sitios seguros porque a mellor defensa é un mesmo. Pero sempre, no caso de dúbida, PEDIR AXUDA aos adultos na casa ou no cole.
Foi un tempo moi aproveitado, que agradecemos a Alberto Botana, no que recordamos e aprendemos moita información.
GUÍA DE NAVEGACIÓN DO ALUMNADO
GUÍA DE NAVEGACIÓN DE NAIS E PAIS
GUÍA DE NAVEGACIÓN DO PROFESORADO
Ningún comentario:
Publicar un comentario