martes, 26 de novembro de 2019

Contacontos no recreo: Aitana e Ariadna contan "Tres osos"

E hoxe Aitana e Ariadna deleitáronnos cunha doce versión de Riciños de Ouro, "Tres Osos" da editorial OQO contada coas voces ao unísono que deixounos embelesados. 
Noraboa, nenas, por incoporar ese recurso expresivo que captou por completo a atención dos máis peques. 


Agardamos vervos de novo pola biblioteca para contarnos outro conto, pois o fixestes de marabilla!

E se queredes ver o audiovisual deste conto realizado coa técnica de "StopMotion" podédelo facer premendo na imaxe a continuación. 

Forma parte da serie de animación infantil "Contos no Camiño" realizada para a TVG.
A serie que consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración e está dirixida a un público de 3 a 7 anos. Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora. 
Son para velos todos, todos, todos! 

Ningún comentario: