luns, 25 de novembro de 2019

Unha porta violeta na parede

Este ano, para conmemorar o #25N, Día Internacional pola eliminación da Violencia contra as Mulleres, decidimos tinguir de violeta a parede da entrada do noso cole cun mural con mans violetas a letra da canción de Rozalén, algún cartel elaborado polos maiores, libros con mirada feminista... e por suposto, a nosa Chispa, que tamén viste de morado por un motivo claro.



O 25N xuntouse todo o alumnado de Primaria para facer unha lectura colectiva do libro "Xela volveuse vampira" de Fina Casalderrey e escoitar e cantar (en galego) a canción de Rozalén "Unha porta violeta".

Podedes escoitar unha versión interpretada en LSE polo alumnado do CEIP da Barqueira, premendo nesta imaxe:


Tamén elaboramos unha pancarta na que asinamos todas as persoas que formamos parte da nosa Comunidade Educativa en contra das violencias á muller e que colgamos no corredor exterior do Centro.

Coma sempre, podedes ver máis fotos premendo en calquera das imaxes desta entrada.


Ningún comentario: