Hoxe foi un día especial, xa que grazas á colaboración da ANPA do cole puidemos contar coa presenza dunha nutricionista para realizar unha xornada de obradoiros sobre alimentación saudable e nutrición. E que mellor lugar para levala a cabo que o noso "Mercado de Chispa"?
Non podemos facer máis que darlle as grazas a María Eugenia Pastor Beceiro, experta en nutrición, que tiña preparado uns obradoiros moi activos para cada un dos diferentes cursos. Púxonos a traballar a todos... desde os máis pequenos aos máis grandes, a través de xogos e elementos lúdicos cos que pretendeu concienciar aos nenos e as nenas sobre o mundo dos ultraprocesados. Realmente, dounos moitas claves para comprender que a verdadeira revolución está na cesta da compra.
Tamén temos que darlle as grazas a Rebeca del Río, nai de Érica e tesoureira da ANPA, fotógrafa en Mirada de Madrina, por esas preciosas fotos que saca sempre e que fan que "O Mercado de Chispa" luza aínda máis bonito.
Estade atentos porque os Rebuldeir@s de Pazos están ultimando a súa producción para amosarvos todo o que aprenderon...
E ata aí podo contar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario