Este venres vivimos unha divertidísima xornada de xogos populares organizados polo alumnado de 5º e 6º de Primaria, coa colaboración da profe Paula.
Despois de realizar un traballo de recollida de xogos populares entre as familias de todo o alumnado de Primaria, os maiores do cole encargáronse de preparar a xornada de xogos para este venres.
Unha xornada, sen dúbida, marcada polo carácter inclusivo e cooperativo que teñen os xogos tradicionais.
Tiveron que artellar os equipos, preparar o material e dar as explicacións oportunas en cada un dos xogos. A verdade é que o fixeron de 10, e grazas a eles puidemos pasar un rato divertidísimo.
E as profes? As profes, desta volta foron un equipo máis, xa que a xornada foi coordinada polo alumnado de 5º e 6º.
E rematamos o día facendo bailar os nosos trompos e peóns. A verdade é que foi unha xornada moi divertida e os xogos que aprendimos pasarán a formar parte do noso repertorio.
|
|
|
|
|
|
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario