É un libro moi divertido cun punto algo gamberro que tanto nos gusta a grandes e pequenos. Unha historia, chea de posibilidades disparatadas que fixo que nos fóramos enganchando ao conto, e que ademáis estas rapazas escenificaron á perfección.
E que se ves á nosa biblioteca, poden pasar dúas cousas: unha, que disfrutes un montón coas historias que alí se contan... ou se non, que sexas tí a que conte as historias...
O mellor de todo, que este conto non ten final... pois remata igual que comeza, polo que se convirte nunha historia cíclica infinita.
Aquí vos queda o vídeo por se volo perdestes ou o queredes volver a ver. Coidado, que engancha!
Ningún comentario:
Publicar un comentario