Hoxe foi un día de emocións desde primeira hora, xa que nada máis chegar ao cole e xusto despois da nosa rutina de activación matinal soou nos corredores do cole ese inconfundible Chis, chis, plof, plof... que nos fixo subir case voando á nosa Biblioteca.
E alí, estaba esperándonos unha sorpresa espectacular, porque non é que Chispa nos deixara a súa maleta chea de libros coma sempre, é que a Biblioteca enteira estaba repleta de libros, pero non só de libros... asentos de varios tipos, pulsadores luminosos e sonoros, xogos, teclados especiais, ... e ata un bambán para colgar do teito!
E por supostísimo, había carta. E como Chispa entérase sempre de todo o que acontece no cole, traía aires do leste e viña convertida en "Chispa Poppins".
Desde aquí queremos desexarlle a mellor sorte do mundo na súa andaina literaria, que estamos seguras que a levará moi, moi lonxe.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario