Desde 1964 celébrase o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, e desde o ano 1993 esta xornada é recoñecida pola ONU. Conmemórase a morte de Mahatma Gandhi líder espiritual da India,
asesinado en 1948 por un integrista hindú.
Unha das propostas para esta celebración foi a elaboración dun mural colectivo a modo de quebracabezas xigante na que participou todo o alumnado do centro. A que quedou precioso?
É unha versión dun deseño de Romero Britto.
E ademáis, como documentamos o proceso da montaxe, agora podedes ver un vídeo de cómo o fixemos.
Cada grupo escolleu un libro e realizou a súa propia interpretación.
Os peques do cole traballaron o conto "A nena máis pequena de toda a escola" de Justin Roberts. Convertíronse nos protagonistas da historia e aprenderon que ata o detalle máis pequeno ten o poder de mudar as cousas e recordáronnos que eles, ainda que son os máis pequenos da escola, están a velo todo... pero todo, todo.
Os rebuldeiros de Pazos traballaron co conto "A gran fábrica das palabras", de Agnes de Lestrade. Eles tamén fixeron unha montaxe audiovisual poñendolle a voz en off ao conto. E nos explicaron cales eran as palabras máis valiosas para eles... amizade, amor, adorar, axudar... Canta sabedoría nestes pequenos!!!
E chegou o turno dos de 3º e 4º, que traballaron co conto "A mesiña da avoa" que trata sobre el respecto aos maiores e o valor das persoas. Unha lección de vida que debemos ter sempre presente.
Remataron a súa contribución a o Día da Paz recitándonos un poema de Antonio García Teijeiro.
E finalmente, os maiores de 5º e 6º, que traballaron o libro "A historia de Erika" de Ruth Vander Zee que nos fala sobre a realidade do holocausto e o exterminio dos xudeos a mans dos nazis, cruda parte de historia do siglo XX, que estamos na obriga de recordar para que non volva a repetirse.
E por suposto, rematamos o día cunha pequena sesión de fotos diante do noso mural e cos papaventos cheos de arelos e esperanza. Non vos perdades todas as fotos deste gran día de celebración, premendo nesta última imaxe.
E por suposto, rematamos o día cunha pequena sesión de fotos diante do noso mural e cos papaventos cheos de arelos e esperanza. Non vos perdades todas as fotos deste gran día de celebración, premendo nesta última imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario