xoves, 27 de febreiro de 2020

Digicraft no teu cole: Pirámide holográfica e cubo de realidade aumentada


Nesta sesión de Digicraft no teu cole convertémonos en cazatesouros. Para acceder aos materiais que estaban gardados nun cofre pechado cun candeado, o grupo dos tritóns de 3º e 4º de Primaria tivo que resolver unha xincana de catro probas nas que entraba en xogo o enxeño de cada equipo. Resolvéndoas correctamente todas obterían cada unha das cifras do candeado que abre o cofre.

A primeira delas estaba oculta nun mapa... tiveron que darlle un montón de voltas para dar co número agochado.

A segunda cifra conseguírona a través dunha app, mirando debaixo dun barco... Como??? Iso que volo conten eles!

A terceira estaba nun acertixo que para descubrilo tiñan que introducir unhas coordenadas GPS na aplicación de Google Maps.

E a cuarta... ai, a cuarta!!! Tivérona sempre nas mans e non se daban conta.

E así foi como conseguiron abrir o candeado do cofre. Diego Bra, o máis pequeno do grupo, foi o encargado de abrilo e... voilá! Dentro do cofre había unha pirámide holográfica que nos permitiu visualizar vídeos en 3D e catro cubos Merge cos que experimentar coa realidade aumentada. 

Foi unha auténtica pasada e fixérono todos fenomenal!




Como sei que quedastes encantados cos hologramas, déixovos por aquí un vídeo para construír a vosa propia pirámide holográfica caseira, pero lembra pedir axuda a algún adulto para facelo. 
E unha vez que a teñas feita, nesta ligazón poderás ver un montón de exemplos de vídeos holográficos para probala. 


A gozar!!!




Ningún comentario: