venres, 21 de febreiro de 2020

Entroido 2020: Disfrazámonos de Ferrol

Este ano tiñamos moi claro que os nosos disfraces tiñan que ser sobre Ferrol, así que aproveitamos para disfrazarnos de lugares da nosa cidade.

(preme nesta imaxe para acceder a todas as fotos)

Os peques de Pazos vestíronse do MERCADO DA MADALENA, co emblemático edificio da peixería de Rodolfo Ucha ao frente, eles foron vestidos de froitas e peixes.

Os rebuldeir@s de Pazos foron do PARQUE RAÍÑA SOFÍA e dos seus máis coñecidos habitantes, sen dúbida, os pavos reais.


Os medianos do cole decantáronse polo PEIRAO DE CURUXEIRAS, e foron disfrazados de mariñeiros e pescadores, que son os traballadores do porto.

E os maiores decidiron ir do CONCELLO e os seus ILUSTRES FERROLAN@S: Concepción Arenal, Ricardo Carvalho Calero, Xoán Farias, Pablo Iglesias Posse, Camili Díaz Baliño, Fernaándo Álvarez Sotomayor, Jenaro Pérez Villamil, José Fontenla Leal, Ángeles Vilariño, Ramón Plá y Monge, Juan García Niebla, Victor López Seoane... entre otros.

Realizamos un pequeno pasarrúas ao redor do noso cole acompañados polas nosas familias para finalizar cunha gran foto de grupo. 



Despois demos conta dunha riquísima merenda que preparou a ANPA do centro: doces de entroido acompañados con chocolate quentiño... 
Pero mira que somos larpeir@s!



Xa no patio, procedimos á queima do Meco, que como non, este ano tamén ía vestido de ferrolano, máis concretamente de integrante dunha das Rondallas Ferrolanas das Pepitas.



Un ano máis o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria deu lectura ao testamento de tan querida personaxe antes de o botar á fogueira. Convertido xa en cinzas, comeza para nós o verdadeiro entroido: cinco días sen escola na que poder disfrutar en familia do pracer de converterse, ainda que sexa por uns intres, naquelo que resulta imposible. 


Que viva o entroido, que viva Ferrol e que viva o cole de Pazos!!!

Ningún comentario: