Trátase de Xerezade Ansedes, quen fora alumna do noso colexio, que acaba de publicar o seu primeiro libro en Platero Editorial: Traición, a primeira parte da saga "Guardiana".
Entrevistada polo alumnado de 5º e 6º de Primaria confesou de onde nace o seu amor pola literatura e contounos mil anécdotas moitos segredos do mundo dos escritores e das editoriais.
Asinou os seus libros a profes e alumnos e non puido marchar sen deixarnos unha pegada no "libro de visitas" da nosa Biblioteca.
Grazas Xere, por recordar con tanto cariño o teu colexio, ás túas mestras e, como non! ... a túa primeira biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario