martes, 11 de febreiro de 2020

Contacontos no recreo: Ari e Jaasiel contan "Garabato e Tinta"

Hoxe Ari e Jaasiel, de 4º de Educación Primaria, contáronnos "Garabato e Tinta", unha divertida historia de Ethan Long.

Pero ademáis, contaron coa axuda de María e Icía, que sonche dúas actrices de primeira e que metéronse no papel destas dúas personaxes ás mil marabillas. 

Así, mentras Ari e Jaasiel ían narrando esta historia, elas dúas ían representándoa ao mesmo tempo. 

Sen dúbida captaron a atención de todos os presentes.

Garabato e Tinta son amigos e son artistas... pero cada un ao seu xeito. Garabato, o gato, adora fecerse retratos e en cambio Tinta, o rato, é máis conceptual e paisaxista. Como non son quen de porse dacordo, e os dous cren ser mellor artista co outro, ao fin xurde o caos. 

Grazas a este conto podemos coñecer o estilo de diferentes pintores célebres e descubrir ao artista que levas dentro. 
Pero para artistas, elas, que nos fixeron pasar un recreo do máis entretido. 

Grazas ás catro por este conto tan divertido!


Ningún comentario: