domingo, 8 de marzo de 2020

8M: Muller tiñas que ser...


Para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller, este ano quixemos visibilizar ás mulleres na historia, baixo o lema "Muller tiñas que ser...", rompendo a connotación negativa desta frase feita e valorizando o papel destas mulleres que, en moitas ocasións foron pioneiras.
Na entrada do noso cole, sempre aos pés da Biblioteca montouse unha exposición que convida ao visitante a querer afondar sobre esas mulleres que fan parte da historia do noso país e da humanidade: científicas, escritoras, artistas, deportistas... 
Empregando un dispositivo móbil (teléfono, tableta...) pódese ler os códigos QR que acompañan a cada unha das imaxes destas mulleres para coñecer algunha pincelada sobre as súas vidas. 
Unha exposición moi dinámica que de seguro aumentará ano tras ano, xa que unha cousa está clara: aínda que todas as que están, son valerosas, non están todas as que o son.



Premendo nesta imaxe podes acceder a todo o material elaborado para esta exposición.

Por outra banda, atopamos un material na rede en total sintonía co  que foi elaborado para a nosa exposición, da man do perfil de Intragram @7codos e co que tamén traballamos. 
Aquí deixamos as fermosas ilustracións das iniciais destas 26 mulleres valerosas que forman parte da historia. Se premes en cada unha das letras poderás saber máis de cada unha delas.

















Fonte: 


E para rematar, un pouco de música en feminino grazas a A Banda da Loba xunto a artistas da talla de Guadi Galego, Patty Castro, Sofía Espiñeira, Nastasia Zücher, Mounoup, Lola de Ribeira , Anaïs Barbier e High Paw.
Agasállannos con este "Morra o conto" para reivindicar a loita das mulleres neste 8M.

Ningún comentario: