domingo, 29 de marzo de 2020

Booktubers en cuarentena - Pandemia de recomendacións lectoras

Chis, chis, plof, plof!     
Queridas nenas e queridos nenos do Cole de Pazos:

Desde o País dos Libros quero facervos chegar unha proposta molona, que aínda que leva tempo cocendo, está recén saída do forno... 
Nestes días de aillamento nas nosas casas, usamos moito internet e as redes sociais para manternos en contacto. Ás veces somos meros espectadores, pero o verdadeiro valor destas ferramentas de comunicación é cando somos nós os protagonistas, os creadores de contido.
Por iso, propóñovos convertervos nada máis e nada menos que en "BookTubers"? Que tedes que facer? Pois é moi sinxelo:


Provoquemos unha verdadeira pandemia de recomendacións lectoras para encher a nosa cuarentena de sorrisos amables. 




Chis, chis, plof, plof!

 E velaiquí tedes a primeira contribución a esta pandemia de recomendacións lectoras: A profe Kelly recoméndanos Nadarín, de Leo Lioni.

1 comentario:

macaspi dixo...

Boa idea!
Parabéns de Güino dende o Xardín do Pastempo no Couceiro en Pontedeume.