xoves, 2 de abril de 2020

Día Internacional del Libro Infantil e Xuvenil



Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY (International Board of Books for Young people) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co fin de promocionar os bos libros e a lectura entre os máis novos.

E nós, querémolo celebrar por todo o alto nada máis e nada menos que cunha recomendación lectora que nos fai Darío, de 3 anos, desde a súa casa nestes tempos de corentena. Provoquemos unha verdadeira pandemia, pero que sexa de recomendacións lectoras.

Que vivan os libros e que viva a literatura!!!

Ningún comentario: