Todos os anos por estas datas estabamos moi atarefados percorrendo camiños para recoller fiúncho, xestas e flores para facer o noso maio. Se queres lembrar como foi esta celebración en anos anteriores, preme nesta ligazón.
Mais este ano non poderemos celebralo xuntos por mor desta circunstancia tan atípica que nos tocou vivir. Pero podemos celebralo igualmente desde as nosas casas. Por que non!
Desde o CEIP Manuel Masdías xurde esta bonita iniciativa á que convida a sumarse a todos os escolares da comarca. Un novo reto familiar que nos axude a levar con alegría esta situación.
A actividade consiste en elaborar un maio mediante as técnicas e os materiais dos que dispoñades para esta fin de semana e colocalo nunha xanela ou balcón das vosas vivendas.
Queremos manter así unha tradición que levamos xa varios anos celebrando e que forma parte da nosa cultura. Os maios son estruturas cubertas de diversos elementos vexetais, flores e froitas. Levábanse polas rúas e se lles adicaban bailes e cantigas.
Para adaptalo á situación actual, podedes realizalo mediante debuxos, teas que teñades por casa, materiais de refugallo, pintando nas xanelas... Calquera idea é boa, botádelle imaxinación!
Unha vez finalizado o voso maio, tíralle unha foto ou tirádevos unha foto con el, e mándalla ao correo electrónico de Chispa. Xuntarémolas todas nun álbum para o recordo.
- chispadepazos@gmail.com -
Deixámosvos por aquí algún vídeo inspirador para que collades algunha idea.
Queremos
- Ferrol, de frores cuberto -
#maiosnaxanela
Ningún comentario:
Publicar un comentario