luns, 27 de abril de 2020

Portas pola igualdade da man de Blanca Vila

A verdade é que non tivemos oportunidade de ensinarvos o preciosa que quedou a porta pola igualdade que a véspera da suspensión das clases por mor do covid-19, o pasado 16 de marzo, Blanca Vila andou a darlle os últimos retoques.
Trátase dunha intervención sobre a porta da Biblioteca que separa a parte de consulta da Biblioteca do resto dela. Temos esa porta case sempre aberta, pero ás veces, vainos moi ben pechala xa que permite ter actividades moi diversas na biblioteca de forma simultánea. 



Pero agora, co bonita que quedou, imos querer tela sempre pechada, para lucila! 


A que quedou espectacular? 


Se queres ver como axudaron a pintar os rebuldeir@s e os pequesPazos a Blanca Vila, preme en calquera das fotos anteriores. E se queres saber un pouco máis sobre esta ilustradora ferrolá, podes ler esta entrevista que lle fixeron en "La Voz de Galicia" o pasado verán nesta ligazón.
Foto de: REBECA LÓPEZ , extraída de "La Voz de Galicia" - versión dixital.

Pero ademáis, Blanca Vila quixo facernos un "agasallo" moi especial, xa que tamén deixou a súa pegada noutra porta do corredor das aulas. Que é o que haberá detrás desa porta??? Pois de momento, só hai un espazo en construcción. Podedes xogar a adiviñar a que imos adicar este novo recanto do cole, deixando as vosas respostas nos comentarios desta entrada. Deixade voar a vosa imaxinación, pois a ilustración é do máis suxerente... Non credes?



1 comentario:

Chispa dixo...

Eu penso que será unha aula para soñar... Que ben, estou desexando vela por dentro!