Historiador da literatura, crítico literário e filólogo; mestre, linguista e escritor; primeiro catedrático de lingua e literatura galega na USC; membro da Real Academia Galega; galeguista e reintegracionista, defensor da norma internacional para a nosa língua, para Carvalho Calero
"o galego, ou é galego-português ou é galego-castelhano".
Premendo nesta imaxe podes acceder aos recursos elaborados por AGAL.
Premendo nesta imaxe podes acceder aos recursos elaborados por AGAL.
A Real Academia Galega decidiu adiar ata o vindeiro 31 de outubro a celebración oficial do acto das Letras, ante a situación sanitaria que estamos a viver.
Mais son moitas asociacións culturais en Galicia que as que reclaman que o ano Carvalho Calero exténdase máis aló do 2020 e que o 2021 sexa tamén adicado á memoria do intelectual e mestre ferrolán.
Queres saber máis sobre Ricardo Carvalho Calero? Pois preme sobre esta imaxe de Carvalho Calero portando o "LH" deseñada pola tamén ferrolá Elga Fernández Lamas para a Editorial Embora, e poderás visualizar a exposición que estaría pendurada no corredor do cole.
De momento tócanos celebralo na rede, e a nosa contribución neste período de confinamento por mor da COVID-19 vén en forma de audiovisual.
As imaxes coas que se realizou esta montaxe foron tomadas na gamificación dos "100 días de cole" na proba do "Teatro Jofre" no que cada grupo fixo unha improvisación sobre o relato de "As pitas baixo a choiva". Lembrádevos? Foi divertidísimo!
As voces foron grabadas desde nas casas nestes tempos de confinamento grazas á colaboración das familias. Sen elas, ísto non sería posible.
Pero se queredes ver máis cousas bonitas sobre "As pitas baixo a choiva", premede na carátula do libro. Atoparedes un feixe de recursos e material elaborado pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra en colaboración coa Editorial Embora.
Se escoitades as músicas creadas para a representación teatral da man do "Teatro dos Ghazafelhos" e afinades ben a orella ata poderedes recoñecer unha voz un tanto "familiar" para moitas no noso cole...
Dadas as circunstancias que nos impiden celebrar o Día das Letras Galegas en torno a Ricardo Carvalho Calero do xeito que quixéramos, a explosión de recursos na rede foi xigantesca!
Preparádevos porque tedes unha chea de material co que ir coñecendo de a pouco ao homenaxeado.
Para comezar, podedes ver este vídeo con formato de informativo sobre o homenaxeado, elaborado polo alumnado do CPI dos Dices, de Rois. É un pouco denso para os máis peques do cole, pero de seguro que aos maiores lles gustará velo para comprender un pouco mellor a importancia de Carvalho Calero para as nosas letras.
Para comezar, podedes ver este vídeo con formato de informativo sobre o homenaxeado, elaborado polo alumnado do CPI dos Dices, de Rois. É un pouco denso para os máis peques do cole, pero de seguro que aos maiores lles gustará velo para comprender un pouco mellor a importancia de Carvalho Calero para as nosas letras.
E tamén podedes ver esta "biografía cantada" do autor. Se prestades atención, poderedes aprender moitas cousas.
E agora comeza o bon! Sabemos o moito que vos gustan os escape-rooms, ese tipo de xogo no que tes que poñer en funcionamento o teu enxeño para resolver unha serie de probas que te van achegando a unha chave final que desvela unha sorpresa. Pois aí tedes, non un, nin dous, nin tres escape rooms, senón CATRO!!!
de Alba Carril Casanova (CPI de Vedra)
de Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) e Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novoa)
de Antón Rial (Colexio San Pío X)
de Patricia Sánchez Lamas
Se fixeches todos estes escape rooms estarás feito un experto sobre Ricardo Carvalho Calero, así que anímate a ver e a respostar a este preguntoiro musical. Ten moito ritmo e de seguro que pasarás un bo rato.
No portal da Real Academia Galega "Primavera das Letras" tedes tamén un montón de recursos. Navega por ela. Tes ao teu alcance actividades interactivas que podes facer "en liña" e tamén outras actividades descargables.
Para facer un percorrido pola súa obra, no Seminario Galán tes moitos materiais "en liña" aos que podes acceder, moi ben categorizados por cursos, desde Infantil ata 6º de Primaria. Neles faise fincapé na súa obra de poesía, novela e teatro, así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega.
E xa para rematar, outro lotiño de activides nesta última imaxe na plataforma Educaplay. Para todos os niveis. Así que veña, a por todas!!!
Buffff! Unha chea de actividades que facer. Realmente imos precisar un ano enteiro se queremos afondar como se merece neste persoeiro. Así que, membros da Real Academia Galega, precisamos que o ano 2021 sexa tamén para Ricardo Carvalho Calero!!!
Ricardo Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. E ti, que pensas sobre a norma AGAL para o galego?
Déixovos un último vídeo para reflexionar sobre este asunto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario