venres, 19 de xuño de 2020

Felices vacacións!

Este é un fin de curso atípico... porque sen as apertas de despedida danos a sensación de que non hai nada que celebrar. 
Hoxe teríamos que estar celebrando na praia, como todos estes anos, os esforzos feitos durante todo o curso, que sabemos que foron moitos... Un curso cheo de retos que superamos xuntos! 

Unha vídeochamada sábemos a pouco porque enfría as emocións. Botamos de menos o calor do contacto, a emoción que nos conecta co outro... Hoxe non haberá prantos dos que non queren marchar nos corredores do colexio, nin confidencias de última hora no patio, nin apertas de despedida. Pero o que sen dúbida tedes é o recoñecemento das vosas mestras e mestre polo esforzo realizado durante todos estes meses. 

Grazas tamén ás familias, que souberon adaptarse ás circunstancias facendo das súas casas unha extensión da escola. Sen o seu apoio, non seríamos capaces de logralo.

Descansade e recargade as baterías no verán! 
E non vos esquezades de ler moito! 

Quédannos as apertas pendentes para setembro. 
Haberá que recuperalas.



Mirade o vídeo ata o final. E ollo, que a partir do minuto 2:00 podedes sacar a caixa de panos.

Ningún comentario: