martes, 1 de setembro de 2020

Estreamos sinalética

Uiiiiiii, que emoción!!! Chegar ao cole e descubrir que a nosa preciosa Biblioteca este curso vai estrear unha nova sinalética que a fará máis inclusiva!!! Temos novo cartel para a CDU, con diferentes subseccións que inclúe pictogramas de ARASAAC para facela máis comprensible para todos e todas.

Así si!!! E que aínda que parecese que estabamos "paradas", durante o mes de xullo reetiquetamos máis de 6500 volumes! Un currazo, pero pagou a pena para lograr que a nosa biblioteca sexa inclusiva.







Ningún comentario: