venres, 25 de setembro de 2020

Estamos de volta!

Este vai ser o curso no que nos convirtamos en superheroes e superheroínas enmascarados. 

Tócanos adaptarnos aos novos tempos e protocolizalo todo: usar correctamente as máscaras, manter a distancia de seguridade, respectar o uso individual dos materiais, limpeza de mans e desinfección a tope!

E se sobrevivimos ao confinamento, agora que podemos mirarnos aos ollos, cara a cara, quen vai poder con nós? 

Pero se xa somos invencibles!!!

Agora toca repensalo todo para que o cole siga sendo o que era, un lugar de encontro e de traballo cooperativo. Queremos voltar á nosa Biblioteca, a gabear polas follas dos libros e as súas historias e a trastear con todas as posibilidades que alí temos para soñar, para aprender e seguir medrando.

Sorte que a nosa Chispa sempre ande á procura de solucións. Un pouco de Chis, chis, plof, plof e comezamos!!!

Por aquí vos deixamos un vídeo para que poidades asomarvos ao interior do cole e vexades como son as nosas rutinas. É incríble o rápido que interiorizamos as normas deste protocolo que nos parecía tan difícil de cumprir ao principio. Xa imos rodando!!!







Ningún comentario: