luns, 19 de outubro de 2020

19 de outubro: Día das Escritoras

Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. 

V Edición celébrase este ano 2020  o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres"

 

"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así facemos nosoutras."

Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)


Desde Aulas Galegas, chéganos un xenial recurso da man de Xosé María Lores, para percorrer mapa en man, vinte e unha xeografías de escritoras.

Porque a escritura en feminino atravesa todas as fronteiras, cingue todos os mares, abrangue todos os continentes e pertence a todas as épocas, precisamos facela visible; necesitamos poñer letra, voz e cara a tantas plumas femininas que viven no esquecemento.


Preme nos puntos sinalados nos mapas e poderás coñecer biografías, textos, artigos, entrevistas, vídeos… de e sobre distintas autoras, acabarás recoñecendo que a escritura é un substantivo de xénero feminino e número plural.

Ningún comentario: