Todos e todas somos conscientes da situación que estamos a vivir este ano: Que se distancia social, que se desinfección de mans e superficies, que se ventilación cruzada, que se están prohibidas as visitas, que se agora hai peche perimetral da comarca... E claro, isto ponlle as cousas moi difíciles ao Apalpador, que ten que vir desde O Courel de visita por todos os coles da Galicia.
Desde hai un montón de anos, e grazas á colaboración da Fundaçom Artábria puidemos contar coa súa presenza no cole de Pazos. Se un ano ata viu a tele galega e todo... Lembrades?
Pero este ano, todo é diferente e o Apalpador tivo que adaptarse ás circunstancias e nos fixo un envío especial desde o Courel, aproveitando o servicio de paquetería de correos. E así foi como chegaron ata Pazos os agasallos que como todos os anos nos prepara o Apalpador con tanto mimo; Uns preciosos paquetiños con froitos ecolóxicos acompañados dunha agarimosa carta.
E xa para rematar, deixámosvos un pequeno vídeo dos pequenos do cole, que son os que fan que siga viva a maxia do Nadal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario