domingo, 21 de marzo de 2021

Chíos de poesía desde o CEIP de Pazos

Alá polo mes de febreiro, coincidindo co Día da Candeloria, chegaba ás nosas mans un fermoso libro cheo de trinos e poesía:  a Guía definitiva das Aves de Galiza, inspirada na que no seu día quixo publicar o ornitólogo, naturalista, ilustrador e divulgador científico Salvador Lueiro e que foi convertida en cinza sen chegar a ver a luz. 

Nesta edición, da man de Nacho Munilla e deliciosamente ilustrada por Pancho Lapeña, descríbense 32 especies de paxariños comúns da avifauna do noroeste ibérico, cunha simplificada información sobre as trazas que mellor as describen: bioloxía, hábitats, costumes e personalidade.

Inclúese tamén un pequeno poema manuscrito pertencente ao folclore paxareiro, ás veces popular, ás veces literario. Tódolos paxaros están ilustrados nas súas cores, polo que ademáis de atractiva, resulta fidedigna.

E ante esta marabilla, que non podemos facer outra cousa que recomendarvos, caímos na tentación de recreala - con permiso dos autores - coas voces dos nenos e nenas do noso cole, para que eses poemas foran un pouquiño nosos tamén. 

Aquí vos deixamos cos vídeos dos nosos "Chíos de poesía". 

Abride ben as orellas porque ademáis dos poemas poderedes escoitar os rechouchíos de cada unha das especies destes paxaros, que foron obtidos da web xeno-canto.

Andrea, Jesús N, Isabel, Jesús B, Elisa B, Emma P, Tiago e Xavi


Mateo L, Julen, Iago, Mario, Bruno L, Uxía, Sofía e Siney


Izan, Diego B, Rodrigo, Jimena, Luna e Aroa


Darío, Celine, Elisa R, Óscar, Rocío, Roi B, Iker C e Lucas


Lucía, Alisson, Edgar, Mateo G, Abdías, Ari, Silvia e Jaasiel


Érica, Elías, Martina, Aitana, Enzo, Samuel, Emma R e Eneko


Iker S, Diego A, José, Jandro, Erik, Hugo, Manu e Marta


Bruno F, Igor, Leo, Icía, Adriano, Irene, Roi L e Ezequiel

Feliz Día da Poesía e feliz comezo da primavera.


O noso agradecemento a Nacho Munilla e a Pancho Lapeña por permitirnos recrear en formato audiovisual o seu traballo.

Ningún comentario: