venres, 16 de abril de 2021

Conto e peli, con Araceli: "As bruxas", de Roald Dalh.

Parece que neste último trimestre os maiores do cole perderan o gusto pola lectura e andaban algo desmotivados nas Horas de Ler. Peeeeero... chegou Araceli como un sopro de aire fresco cunha idea xenial, propoñéndolles un plan fantástico:

Empregarían a "Hora de Ler" para facer unha lectura colectiva e en voz alta de libros dos que hai peli. Ademáis, comentarían os fragmentos lidos, case coma un Clube de lectura. Será esta unha antesala do que está por chegar? 

Xa sabemos que polos dereitos de autor non podemos ver as películas enteiras no cole, pero os trailers... e un montón de esceas para abrir boca, por suposto que si. Ademáis, estes visionados valerán para falar do libro, das personaxes, do guión... 

E así comeza esta aventura : co libro de Roald Dalh "As bruxas", traducido ao galego nada máis e nada menos que por Xela Arias. Non puido haber mellor escolla. Deixámosvos aquí co trailer da peli.


"As bruxas de todo o mundo, baixo o seu aspecto de mulleres correntes, están celebrando a súa convención anual. Nela deciden aniquilar a todos os nenos. Pero o protagonista desta historia e a súa avoa conseguirán vencelas grazas ao ratonizador máxico. As bruxas preséntanse como seres normais, só que levan perrucas porque son calvas, usan luvas para esconder as súas longas e curvadas unllas e teñen os pes cadrados, sen dedos... pero para que ninguén sospeite delas, usan zapatos de punta que lles dan grandes dores, pero deben gardar as apariencias.
As bruxas odian aos nenos e os matan cruelmente, por iso non deben sair sós porque pode haber unha bruxa esperándolles en calquera lugar."

     Fonte: Lecturalia.

Ningún comentario: