Baixo o lema “Podo aprender. Podo trabajar”, a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo 2020-2021 pon o foco na educación e no emprego, dous ámbitos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e acadar a súa participación efectiva na sociedade.
As personas con TEA teñen dereito a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal, pero que tamén facilite o seu acceso ao mercado laboral, atendendo para iso ás capacidades e necesidades especídicas de cada unha delas.
Fai un xesto polo autismo en redes sociais!
O obxectivo deste xesto é amosar que cada persoa é diferente e ten unhas determinadas fortalezas, que a sociedade pode e debe fomentar para ser cada vez máis respectuosa coa diversidade.
E iso fixemos no cole. Ademáis de promover unha educación inclusiva no noso día a día, aceptando as diferenzas persoais e valorando a diversidade de cada quen, quixémonos sumar á iniciativa #PodoAprenderPodoTraballar no Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo alzando as nosas mans cos troqueis tan fermosos da campaña.
Como sempre, se queres ver algunha foto máis, preme nas imaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario