Estamos moi emocionados coa nosa horta, gozamos moito coidando dela, e xusto cando comezamos a pensar que eses montes de terra que aparecían dun día para outro no medio da herba podían ser un problema...
TOUP, TOUP! apareceu unha carta!!!
Os primeiros en atopala foron os Rebuldeir@s... e léronna moi atentamente, de cabo a rabo.
Era unha carta dunha toupa que anda algo despistada porque perdeuse da súa familia e que sen saber cómo, saiu na nosa horta. Di que ten algo de medo a que lle pisemos, xa que o outro día asomou a cabeza e que viu unha morea de pes pequenos correndo por todas partes.
Por iso, despois de lela, deixáronna no seu lugar para que os peques de Infantil tamén a leran, porque eles tamén teñen os pes pequenos.
- Cómo son as toupas?
- Onde viven? Cómo son as súas casas?
- Que comen?
- Cómo son os bebés das toupas?
Ningún comentario:
Publicar un comentario