venres, 16 de abril de 2021

A nosa horta: laboratorio do desenvolvemento sostible

Desde hai varios cursos levamos traballando nos nosos hábitos alimentarios, especialmente no tempo da parva, incentivando o consumo de leite e froita desde a escola, grazas aos programas de "merendas saudables". 

O feito de incorporar a horta ás nosas dinámicas escolares, animando aos nenos e nenas a o cultivo das súas propias hortalizas é o xeito de que se familiaricen con elas e aprendan a valoralas, axudándonos tamén ao fomento dunha alimentación variada, xa que unha dieta equilibrada resulta fundamental na infancia.

Apoiamos así o cultivo local e o consumo de productos de tempada. Se queres saber máis sobre isto, podes premer na imaxe a a continuación e accederás a un calendario no que veñen marcadas tanto as froitas como as hortalizas propias de cada mes.

Ademáis, a horta sérvenos de apoio ao estudo das diferentes áreas:  diferencias entre froitas e verduras; o papel do sol, da auga e os nutrientes da terra no crecemento das plantas; procesos como a fotosíntese, a xerminación...; tarefas de matemáticas relacionadas coa estadística, o cálculo e a xeometría; etc.

Pero tamén nela aprendemos a traballar en equipo, planificando e coordinándonos cos demáis para lograr os obxectivos que nos plantexemos. Implica usar as propias mans e aprender disfrutando do sol e do aire libre, e tamén aprender a valorar o propio esforzo.

E non podemos esquecernos de que tamén podemos empregar os restos orgánicos que xeneramos, tanto das parvas como das podas das árbores do patio, para elaborar compós. É un xeito de aproveitar os residuos e contribuir ao coidado do medio e aos obxectivos do desenvolvemento sostible.

Que aínda non sabes de que vai isto dos obxectivos da Axenda 2030? Entón tes que ver este vídeo, pois xa comezou a conta atrás. Temos menos de 10 anos para conseguir un mundo mellor no que ningúen quede atrás.

Sen dúbida a nosa horta pódenos servir para avanzar nestes obxectivos, pois é un verdadeiro laboratorio para o desenvolvemento sostible, verdade? 

Ningún comentario: