luns, 3 de maio de 2021

Intercambio de libros. Grazas Dominicus!

 

Este dragoncete tan simpático coñeceu á nosa Chispa no País dos Libros e entre eles naceu unha fermosa amizade. Tal é así que Dominicus, que na súa Biblioteca ten libros a eito - BiblioDominicus, do CEIP Unión Mugardesa -, emprestoulle unha maletiña á nosa Chispa con tres lotiños de lecturas para que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do cole de Pazos puideran gozar de momentos de lectura compartida nas Horas de Ler.

Os títulos escollidos foron:

Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure.

El Superzorro, de Roald Dahl, e

Relatos de Fantasmas, de Steven Zorn.

Moitas grazas a Dominicus e a súa Biblioteca por facernos este empréstito do que tanto gozamos.
Toca devolvelos e desde aquí agradecer o empréstito.

Ningún comentario: