xoves, 20 de maio de 2021

Toup-toup!... Nova carta da toupa Zoupona

 TOUP- TOUP! 

Apareceu outra carta da toupa, desta volta na nosa hortiña. Que emoción! Que contará a nosa toupiña?

A verdade é que levamos moitos días a voltas sobre cómo lle estará indo á nosa amiga con tanta choiva e perdida da súa familia. Choveu tanto que a nosa horta está esplendorosa, pero tanta auga non sei se lle caerá tan ben á nosa Zoupona como ás leitugas.

Entre tanto, nós aprendimos un montón de cousas sobre as toupas grazas aos libros que nos trouxo Chispa e ao que puidemos investigar pola nosa conta.



Pois xa vedes todo o que lle está a pasar á nosa toupa...

  • Segue perdida e non sabe cómo pode facer para atopar a súa familia. Os peques do cole están dispostos a axudala e pedíronlle que lles deixe o mapa que leva sempre, a ver se eles poden axudarlle a localizar a súa familia.

  • Tamén pediunos axuda para saber que ten que comer porque desde que probou algún bocadiño na nosa horta non se atopa nada ben e... menos mal que os Rebuldeiros do cole teñen resposta para isto e elaboraron un cartel explicativo con lapelas con moitas cousas das que aprenderon para que a nosa Zoupona aprenda ben cales son os hábitos dos da súa especie.

  • E finalmente, a última das encomendas da toupa é a máis complicada: cómo facer para encontrarnos, xa que a toupa é un animal nocturno, e nós polas noites non estamos no cole. Así que imos precisar algo de maxia para logralo, non credes? Menos mal que os pequenos do cole teñen resposta para todo e saben a quen pedirlle axuda. 

Chispa!

Pois xa temos plans para estes días... a ver se atopamos algún agasallo xigante deses dos que fala a toupa na carta, ou mellor, a ver se non o atopamos, porque taméeeeeen... xa lle valeu á Zoupona, andar enchendo a nosa horta de cacas! 

Agardar polo mapa... e a ver se Chispa nos pode axudar coa súa maxia para facer o encontro posible... Cántas cousas pasan na nosa horta!


Ningún comentario: